_mOderNTimes_

Copyright: Agustín Iglesias Otero - Todos os dereitos reservados.

Copyright: Agustín Iglesias Otero – Todos os dereitos reservados.

Publicado en momento propio | Deixar un comentario

_cor emocional_

This gallery contains 3 photos.

Galería | 2 Comentarios

_nitidez que reencadra_

This gallery contains 4 photos.

Galería | Deixar un comentario

_dita_

Copyright: Agustín Iglesias Otero - Tódo-los dereitos reservados.

Copyright: Agustín Iglesias Otero – Tódo-los dereitos reservados.

Publicado en momento propio | Deixar un comentario

_¿atréveste a sonhar?_

“La realidad es muy relativa, con múltiples posibilidades paralelas, elige la tuya cada día con inteligencia y autoestima.” – Curso de vuelo para constructores de sueños – Marta Ligioiz

Quizáis podamos dividir un enorme aprendizaxe en 3 etapas: escolla, visualización e caminho.

Maioritariamente, todos queremos un mundo de paz, sen guerras, en perfecta simbiosis ca natureza, sen enfermidades nin fame… mais… ¿qué fixemos pra cambiar tal situación? Consideramos que non podemos facer nada ante discordancias “tan grandes”.

Está bem, aceptemos ese medo como unha verdade. Centrémonos pois no mundo que creamos ao noso redor, ¿como é? ¿facemos todo o que está nas nosas mans? ¿algo? Protestamos. Queixámonos polo duro que pega a vida, mais non movemos máis que un dedo pra modificar esas conductas que nos apagan. ¿equivócome?

¡Escollamos! Anotemos os nosos desexos (sensacións, obxetivos, metas…) principales, aqueles que serven de valores na nosa existencia. Se a lista é moi grande, veremos o cume tan alto que sentiremos insuficientes as nosas forzas. Vaiamos pouquinho a pouco. Focalicemos a nosa valiosa enerxía. Afinemos.

Non menos importante é a visualización. Pra levar a cabo un proxecto, sexa do ámbito que sexa, necesitamos imaxinalo; crealo. ¿cómo? ¿onde? ¿por qué? ¿con que fin? É nesta fase onde nos atopamos cos primeiros medos: non sei por onde comezar, non consigo sacar tempo… ¿e se non podo? Debemos coidarnos moito neste momento daqueles comentarios envexosos dos iguales que nos rodean, se nós subimos, eles quedarán máis abaixo. Non nos corresponden. En fin, medos.

Creemos así pois ao noso antoxo. O noso proxecto será tan grandioso como nos atrevamos a imaxinar. Así de sinxelo. O caminho fácil existe, atópao.

Só resta caminhar. Sabemos qué e cómo o queremos. Sen excusas, con decisión; sen présa mais sen pausa. A viaxe máis longa comeza cun só paso.

“Unha árbore que non podes abarcar cos teus brazos brota dunha pequena semilla” – Filosofía Taoísta.

Pra que exista un cambio, son imprescindibles tres conceptos:

– Determinación: firme convicción de qué quero; sera ésta quen fará dirixi-la enerxía como un láser cara esa dirección.

– Responsabilidade: actuar en consecuencia, sen présa pero sen pausa.

– Confianza: actuar sabendo que cas dúas anteriores, recibirei tóda-las sinais e axudas precisas.

En todo momento, incluso máis ante as dificultades que vaian surtindo: determinación, responsabilidade e confianza.

Confiemos nos nosos desexos… é a mellor descripción de nós mesmos.

Publicado en momento propio | Deixar un comentario

_D. “Sobervio”_

Copyright: Agustín Iglesias Otero - Todos os dereitos reservados.

Copyright: Agustín Iglesias Otero – Todos os dereitos reservados.

Braga, Portugal – 15.10.2013

Tras dunha sutil máscara.

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

_momento propio_

Causalmente, aperturei este espazo con dous retratos que representan etapas bem separadas entre sí na vida dunha persoa, sendo a mesma en ambas tomas… ou non.

Pra entender ésto que aquí se argumenta, vexámo-lo significado dun termo tan asimilado globalmente que ninguén pon en dúbida, ou case ninguén: o tempo.

– Magnitude física que permite ordea-la secuencia de acontecementos, establecendo un pasado, un presente e un futuro.

– Forma de envolve-los acontecementos reales que a nosa propia mente crea.

– Idade dunha persoa ou antigüidade de algo.

– Duración das cousas suxeitas ao cambio.

– Momento propio ou oportuno para algo.

– …

Éstas son algunhas das definicións que se poden atopar na rede, entre outras, nas páxinas http://www.realacademiagalega.org e www.rae.es.

Mais… ¿serven para todos e cada un de nós?

Continuamente nos atopamos con que dúas ou máis persoas vivencian de distinta maneira un fragmento temporal de, supostamente, igual duración. Unha eternidade convértese nun suspiro, a según o observador.

Investigando, descubrín unha parábola que nos ilustra ao respeto e que aquí transcribo literalmente, salvo pola súa traducción ao galego sendo ésta totalmente obxetiva e fiel; conhécese como “A paradoxa dos xemelgos”:

“Canto máis rapidamente se despraza un corpo, máis lento transcurre o seu tempo, un feito confirmado en laboratorio con reloxos atómicos moi precisos e que ilustra un experimento mental conhecido como “a paradoxa dos xemelgos”. Os dous nenos tenhen 7 anos; un permanece na súa cidade e o outro sae nun vehículo a unha velocidade próxima á da luz. Durante esta viaxe observa algo raro: tanto a paisaxe que atravesa e debería ver a ambos lados, como a que deixa atrás, concéntranse ante o parabrisas, como se todo se desplazase na dirección na que se move o seu vehículo.

Ao voltar, comproba no seu reloxo que o paseo só durou 2 horas e él segue tendo 7 anos; en cambio, para o seu xemelgo pasaron 65 anos e xa é un ancián. 

Co tempo ocorren fenómenos tan estranos como éste. Depende da velocidade á que se despraza un obxeto, transcorrendo máis lentamente canto maior sexa ésta.”

Según o texto anterior, podemos presuponher que algo que UNIVERSALMENTE conhecemos como tempo, nos afecta a cada ente dun xeito particular, concreto, persoal…

¿Podemos cuantifica-lo a nivel global? Quizáis os métodos empregados ate a actualidade pertenzan a un plano teórico, dogmático e convencional. Vaiamos paso a paso.

Pra reconhece-lo temporalidade en nós mesmos, podemos servirnos bem da memoria, bem das variacións físicas causadas polo “paso dos anos”.

As lembranzas, ademáis de modificadas polas experiencias persoais posteriores,  son subxetivas; a nosa mente garda maioritariamente aquelas que nos provocaron emocións positivas e adorna aqueloutras que non o foron tanto. Asimesmo, resúltanos imposible recordar con exactitude en qué “porción” da nosa vida ocorreron.

No que ao aspecto externo respeta, os cambios que se producen permítennos conhecer con certa precisión, a priori, o “tempo vivido” dunha persoa. Vexamos un exemplo:

http://www.youtube.com/watch?v=ZGgd0DUKok4

A pesares de ser unha carta certificada de incontables experiencias e aprendizaxes, o sistema e a cultura na que nos atopamos inmersos infúndenos medo ao cambio, á vellez, a morte… A morte dunha etapa, é o nacemento dunha nova. É un paso adiante, unha oportunidade, un regalo. Así, o medo ao cambio é o medo á vida.

O inconformismo con nós mesmos, é unha das consecuencias directas de ese pavor.

Durante os primeiros anos das nosas vidas, creemo-la morte tan lonxana que se desperta en nós unha necesidade de rápido avance, desexamos deixar de ser “un simple crío”, e comezamos a imita-la conducta dos que alcumamos como “os maiores”. Buscamos esa seguridade e liberdade.

A medida que o noso desexo se vai cumplindo, comprendemos que esa seguridade leva implícita responsabilidades e preocupacións. É neste punto onde comezamos a entender que a nosa etapa xuvenil rematou, sen que apenas fósemos conscientes e, nalgúns casos, apenados por non aproveita-la ao máximo; por non facer propio cada momento.

Dado que a concepción que temos do tempo é lineal, non disponhemos dun botón que nos leve á nenez, só nos queda refuxiarnos ao calor do mencionado medo ao cambio. Negámonos a mirar adiante. Iso implicaría adentrarnos nunha parte do caminho que aínda está por debuxar, nunha área desconhecida e, que por tanto, tememos. Negámonos unha vez máis, a facer propio ese momento.

Remato esta reflexión, cun xogo de palabras introdutorio a un pequeno proxecto que, en canto a luz o debuxe, compartirei gostosamente neste espazo.

– “Se fose rapaz de novo, sería tan feliz agora…”

Publicado en momento propio | Deixar un comentario